Rumbo á Empregabilidade

Rumbo á Empregabilidade

Formación en Competencias Habilidades brandas na procura da mellora da empregabilidade

#RumboEmpregabilidade @RumboEmprego

Que é?

Obradoiro virtual de competencias brandas (Soft Skills) para desenvolverse no mercado laboral. Enfocado á busca de emprego, ao autoemprego, a atopar oportunidades, así como á adaptación a situacións descoñecidas e aos novos contornos dixitais.

Dirixido a desempregados de máis de 45 anos ou de longa duración.

Cando é?

Cando é?

Do 11 de maio
ao 11 de xullo

Como é?

  • Obradoiros dixitais para traballar as 9 Soft Skills, a través de exercicios dinámicos e exemplos prácticos. Ademais de contar con 9 experiencias dando testemuño de como están a obter resultados e medidas de apoio.
  • Grupo de traballo virtual para a elaboración dun plan de acción. A través dun caderno de traballo se elabora o paso a paso para crear estratexias de mellora laboral e busca de oportunidades. Guiado por expertas no eido da empresa, do management e dos recursos humanos.
  • Sesións de coaching individuais para focalizar en cada caso, o plan de acción mais operativo e poñerse rumbo de forma áxil.

O programa

Consulta o noso programa premendo na seguinte ligazón

Ver programa

Destinatarixs

Persoas en situación de desemprego maiores de 45 anos, PLD e orientadores laborais. No caso de haber prazas poderase cubrir con persoas menores de 45, ata 36 anos, para menores de 35 anos está o programa Camiño á empregabilidade